viernes, 10 de abril de 2009

Software libre para tradutores

O post de Corinne McKay 'Resources for free and open source software users' lembroume que hai tempo que quero probar unha distribución de linux, para comprobar se podería “sobrevivir” na tradución sen o todopoderoso Windows.

En principio, teño un LiveCD da distribución Ubuntu que nunca probei durante máis de 10 minutos, e é por aí onde quería empezar, pero hai pouco atopei unha distribución feita exclusivamente para tradutores, Linguas OS. Tamén é un LiveCD, o que significa que non é necesario instalar nada para probalo. Insertas o CD na la unidade, reinicias o ordenador, e ó abrir atopas xa a distribución de Linguas OS plenamente operativa. Unha boa opcion antes de poñerse a instalar sen saber senos vai gustar ou non.

Linguas OS trae todo tipo de aplicacións necesarias para a labor diaria dun tradutor:

  • OmegaT xestor de memorias de tradución.

  • OpenOffice, suite ofimática.

  • Seamonkey navegador.

  • Software de xestión de proxectos, Planner.

  • Ademáis doutros programas e ferramentas como calendario, reproductor multimedia, lector de .pdf, software de conversión de formatos, etc.

Hai tiempo que o meu vello portátil pide a xubilación, e a miña idea era deixalo como campo de probas para linux cando merque un novo (estou agardando por Windows 7, así que todavía faltan uns meses). Pero visto o visto, poderei probarlo antes sen necesidade de instalar máis software no meu vello portátil. Se me gusta, máis adiante xa considerar ei a posibilidade de instalalo definitivamente, pero iso será cando teña o novo.

Porque a miña postura en canto á disxuntiva Windows/Linux é máis ben práctica: sí, Linux paréceme a mellor solución, pero á hora da verdade moitos clientes necesitarán total compatibilidade con MS, así que é indispensable ter Windows, aínda que só sexa para comprobar que todo funciona como debería antes de enviarlle ó cliente os arquivos finais.

Vós xa probastes? Atopades moita diferencia entre o resultado final das traducións feitas con software Windows e as feitas con software libre?


domingo, 5 de abril de 2009

O “entorno” do autónomo

Acabo de sufrir un cambio importante na miña vida, e mudarme a outro piso foi unha das consecuencias.

Tendo en conta a miña futura actividade, arranxei unha das habitacións como estudio/oficina para ter un espazo só para esa actividade.

Puxen en práctica tódolos consellos que atopei sobre mobles, iluminación, disposición, etc, pero hoxe decateime de que hai algo esencial que aínda non tivera en consideración.

Como traballo a media xornada polas mañás, habitualmente non estou na casa. Sendo hoxe domingo, almorcéi tarde, e ía acender o meu ordenador para revisar o correo e posts dos blogues que sigo, etc, cando empecei a oír máis ruído do normal.

Si, os veciños de arriba. Si, teñen unha preciosa neniña cuyas pisadas retumbaban por todo o piso. E si, os seus irmáns adolescentes intentaban ignorar as pisadas subindo o volumen da súa música rap. E, pouco dispois, era a nai, facendo a comida, ó tempo que cantaba cancións dos 80. Non canta de todo mal, pero podo pasar sen iso.

Vale, que non cunda o pánico. Non está todo perdido: alomenos, non comprei o piso, sempre me podo mudar se é insoportable.

Unha pequena análise e razoamento déixame co seguinte:

a) É domingo pola mañá, non é algo de tódolos días. Os nenos van á escola, os pais teñen que traballar… os días de semana non serán así.

b) No pior dos casos, sempre podería sincronizar horarios e facer o que me esixa máis concentración ás horas nas que fan menos ruído.

c) Podería falar con eles do tema, pero realmente dubido que sexa doado convencer a unha nena de 5 anos e a dous adolescentes.

Por suposto, estou anticipandome. Polo de agora, pasei varias tardes na casa e non tiven moitas molestias. Pero o de hoxe fíxome pensar.

Que facedes vós en canto ó “entorno”? Tivéchedes problemas de veciños ruidosos? Como o solucionáchedes?

jueves, 2 de abril de 2009

Tradución humana vs. tradución automática.

morguefile.com

A polémica habitual dende hai uns anos no eido da tradución: sustituirán as máquinas ós tradutores de carne e óso?

Non veño engadir nada que non se falra antes, simplemente unha reflexión para todos aqueles que aínda pensen qeu traducir é pouco máis que escribir o mesmo pero noutro idioma.


Traducir é máis ca sinxelamente escribir noutro idioma, máis ca sinxelamente consultar uns cantos termos no diccionario, ou en internet.

A nivel lingüístico, é necesario ter uns coñecementos de gramática, de sintaxis, etc. Ademáis, hai que ter en conta a terminoloxía técnica de cada sector: un satélite non é o mesmo no sector da astronáutica que no sector da maquinaria de limpeza industrial, por exemplo.

A outros niveis, é esencial para un tradutor ter unha importante bagaxe cultural, xa que o coñecemento dos costumes, cultura, etc. relacionadas tanto coa lingua meta como coa lingua de orixe son de grande importancia á hora de trasladar a mensaxe dun idioma a outro coa precisión axeitada.

Dito isto, resultará lóxico pensar que unha máquina non está dotada das habilidades necesarias para distinguir entre contextos e ambigüedades, por extensa que sexa a base de datos que alimente o seu potencial.

Para ilustrar isto (non para suliñar os erros do software, que considero moi efectivo, dentro das súas limitacións), fun ó
Tradutor Google.

Introduxen a seguinte oración en inglés, para obter resultados en castelán e galego:

"
Translation costs will add up to a total amount of 100"


En galego: "traducción custos ha engadir ata un diñeiro total de 100."

En castelán: "los costes de traducción se añaden a un total de 100."

Como vemos, a trdución de inglés a castelán foi bastante precisa e correcta, mentres que o resultado da tradución ó galego deixa moito que desexar: a orde sintáctica, para empezar.

Outra proba, esta vez do castelán ó inglés:

"
Las cotizaciones bancarias sufren cambios diarios"deu como resultado a seguinte oración en inglés: "prices changed daily banking". Como vemos, a tradución neste caso cambia totalmente a mensaxe: "los precios cambiaron la banca diaria". Nada que ver.

Ver ese tipo de incorreccións, distinquir entre as ambigüedades que pode presentar un texto, son parte do traballo que un tradutor realiza inconscientemente e que o software está moi lonxe de acadar, alomenos de momento. Ben é certo que en certos pares de linguas, sobre todo se son similares, a porcentaxe de correción é sorprendente, pero en linguas cuia sintaxe presenta diferencias notables os resultados son ás veces totalmente inintelixibles.

E é precisamente este tipo de cousas o que costa explicar a un cliente cando che di qeu contratar os teus servizos é moi caro, e que calquera pode facelo cun tradutor en liña. É difícil explicar que un software non distingue de diferencias sociais, culturais ou relixiosas, qeu non ten en conta a categoría gramatical dalgunhas palabaras, etc. Ó cliente non lle interesa iso: o que lle interesa é obter o máximo resultado coa mínima inversión posible.

A teoría é que sería ideal educar ó cliente na importancia de priorizar calidade sobre coste, pero é algo difícil de levar a cabo, especialmente nun momento coma o que vivimos. Aínda así, haberá que seguir tentando.

En máis dunha ocasión a xerencia dunha empresa respostou cun "Os tradutores cobran moito por algo que se pode facer con google. Cun pouco de tempo, fágoo eu mesmo."

Cómo afrontades esta actitude?
Tendes algunha historia de "conversión" deste perfil de cliente ás bondades da tradución profesional de calidade?


martes, 17 de marzo de 2009

Links útiles

Uns cantos links útiles para tradutores de inglés-español-galego.

- Buscón. Diccionario panhispánico de dudas. Dúbidas de gramática española.
- Buscón. Diccionario Real Academia Española. Diccionario de español.
- Wordreference. Diccionario para varios idiomas. Foros.
- The Free Dictionary. Máis ca un simple diccionario.
- Diccionario de galego. Real Academia Galega.
- Ir Indo. Diccionario galego-español-inglés-alemán.

Xa irei posteando máis, e incluireinos nunha lista con recursos online.

Recurrides a recursos online (que non sexan 'San Google') para atopar información?

Como atopades a información que necesitades?

lunes, 16 de marzo de 2009

THOUGHTS ON TRANSLATION, de Corinne McKay


Un dos primeiros blogues queatopei sobre tradución é THOUGHTS ON TRANSLATION, da tradutora Corinne McKay.

Corinne McKay é tradutora nos pares de linguas inglés e francés. É americana e leva anos no mundo de la tradución. O seu blogue contén consellos e reflexións sobre o mundo da tradución e, con máis detalle, sobre o proceso de converterse en autónomo. Escribiu un libro sobre ese proceso, How to succeed as a freelance translator, ademáis de ofrecer un curso online dende a súa web: Translatewrite.com .

Ademáis do blogue, leva un podcast, Speaking on Translation, xunto con Eve Bodeux, no que falan de temas relativos ó mundo da tradución. En inglés, lóxicamente.

O blogue de Corinne é un dos primeiros que empecei a seguir regularmente, e sempre sorprende con algún aspecto da traducción e do mundo freelance que se debe ter en conta.

Por onde empezo?

Hai un bo feixe de dúbidas que asaltan a calquera á hora de emprender calquera cousa importante. Tantas, que non sabe unha nin por onde comezar.

Unha busca rápida en internet, como adoita acontecer, asusta ante a profusión de resultados: milleiros de resultados que coinciden cos criterios de busca.

Tras refinar unha e outra vez a busca, tras dar chimpos de blog en blog, de web en web, teño o que pode ser un listado dos máis recurrentes. Son blogs, webs, revistas, etc, nas que atopei información interesante que me axuda a perfilar obxectivos, procedementos, calendario, etc.

Aparte de mencionalos en entradas posteriores, irei agregando os máis interesantes á lista de blogs, para telos a man.

Preparados, listos,... xa!

Hai xa un tempo (demasiado, sempre fun de rección lenta) que levo pensando en facerme tradutora autónoma.

Levo máis de 2 anos como tradutora corporativa nunha empresa , e tal como está a situación, vexo que me vai facer falla un cambio de mentalidade.

Por iso xa tomei a decisión, e un dos primeiros pasos é este blog. Vou ir facendo unha especie de rexistro dos pasos que vou seguindo (que fun seguindo), a información que vou atopando, etc. Primeiro, porque me servirá a ter ordeada e a man toda esta información, e segundo, porque pode serlle de utilidade a máis xente.

Así que aquí irei incluíndo de todo, experiencias, material, referencias a outros links/blogs, etc... esperemos que coa frecuencia necesaria para non rematar por abandoalo.