domingo, 5 de abril de 2009

O “entorno” do autónomo

Acabo de sufrir un cambio importante na miña vida, e mudarme a outro piso foi unha das consecuencias.

Tendo en conta a miña futura actividade, arranxei unha das habitacións como estudio/oficina para ter un espazo só para esa actividade.

Puxen en práctica tódolos consellos que atopei sobre mobles, iluminación, disposición, etc, pero hoxe decateime de que hai algo esencial que aínda non tivera en consideración.

Como traballo a media xornada polas mañás, habitualmente non estou na casa. Sendo hoxe domingo, almorcéi tarde, e ía acender o meu ordenador para revisar o correo e posts dos blogues que sigo, etc, cando empecei a oír máis ruído do normal.

Si, os veciños de arriba. Si, teñen unha preciosa neniña cuyas pisadas retumbaban por todo o piso. E si, os seus irmáns adolescentes intentaban ignorar as pisadas subindo o volumen da súa música rap. E, pouco dispois, era a nai, facendo a comida, ó tempo que cantaba cancións dos 80. Non canta de todo mal, pero podo pasar sen iso.

Vale, que non cunda o pánico. Non está todo perdido: alomenos, non comprei o piso, sempre me podo mudar se é insoportable.

Unha pequena análise e razoamento déixame co seguinte:

a) É domingo pola mañá, non é algo de tódolos días. Os nenos van á escola, os pais teñen que traballar… os días de semana non serán así.

b) No pior dos casos, sempre podería sincronizar horarios e facer o que me esixa máis concentración ás horas nas que fan menos ruído.

c) Podería falar con eles do tema, pero realmente dubido que sexa doado convencer a unha nena de 5 anos e a dous adolescentes.

Por suposto, estou anticipandome. Polo de agora, pasei varias tardes na casa e non tiven moitas molestias. Pero o de hoxe fíxome pensar.

Que facedes vós en canto ó “entorno”? Tivéchedes problemas de veciños ruidosos? Como o solucionáchedes?

No hay comentarios:

Publicar un comentario