viernes, 10 de abril de 2009

Software libre para tradutores

O post de Corinne McKay 'Resources for free and open source software users' lembroume que hai tempo que quero probar unha distribución de linux, para comprobar se podería “sobrevivir” na tradución sen o todopoderoso Windows.

En principio, teño un LiveCD da distribución Ubuntu que nunca probei durante máis de 10 minutos, e é por aí onde quería empezar, pero hai pouco atopei unha distribución feita exclusivamente para tradutores, Linguas OS. Tamén é un LiveCD, o que significa que non é necesario instalar nada para probalo. Insertas o CD na la unidade, reinicias o ordenador, e ó abrir atopas xa a distribución de Linguas OS plenamente operativa. Unha boa opcion antes de poñerse a instalar sen saber senos vai gustar ou non.

Linguas OS trae todo tipo de aplicacións necesarias para a labor diaria dun tradutor:

  • OmegaT xestor de memorias de tradución.

  • OpenOffice, suite ofimática.

  • Seamonkey navegador.

  • Software de xestión de proxectos, Planner.

  • Ademáis doutros programas e ferramentas como calendario, reproductor multimedia, lector de .pdf, software de conversión de formatos, etc.

Hai tiempo que o meu vello portátil pide a xubilación, e a miña idea era deixalo como campo de probas para linux cando merque un novo (estou agardando por Windows 7, así que todavía faltan uns meses). Pero visto o visto, poderei probarlo antes sen necesidade de instalar máis software no meu vello portátil. Se me gusta, máis adiante xa considerar ei a posibilidade de instalalo definitivamente, pero iso será cando teña o novo.

Porque a miña postura en canto á disxuntiva Windows/Linux é máis ben práctica: sí, Linux paréceme a mellor solución, pero á hora da verdade moitos clientes necesitarán total compatibilidade con MS, así que é indispensable ter Windows, aínda que só sexa para comprobar que todo funciona como debería antes de enviarlle ó cliente os arquivos finais.

Vós xa probastes? Atopades moita diferencia entre o resultado final das traducións feitas con software Windows e as feitas con software libre?


No hay comentarios:

Publicar un comentario