miércoles, 20 de mayo de 2009

Litterate Traducion e Localización


Por fin atopei un nome. Alí estaba, agardando por min, axexando entre as páxinas dun diccionario de Latín-Cástelán, e saltou cara a min no momento perfecto.


Levo meses preparando todo para facerme autónoma. Unha das últimas cousas, e máis importantes, é o sitio web, naturalmente, pero semellaba estar atascada, Xa que unha cousa dependía da outra… non tiña Nome nin logo, así que non podía atopar o deseño axeitado.


Pero o xoves pasado estaba na casa duns amigos cando me chamou a atención un diccionario de Latín. Acababa de ter unha reunión co meu deseñador web, e quedáramos en buscar ideas na mitología, cultura, etc., así que decidín botarlle un ollo ó libro entras a miña amiga preparaba un té. Había unha serie de apuntes sobre a cultura, sociedade, arte, etc. Romanos, así que prestei especial atención a todo o relacionado coa literatura, comunicación, ou preferiblemente, émbolos dous.


E entón atopeino. Ou mellor Dito, atopoume a min. Estaba no medio dos outros apuntes: “Litterate”, adverbio latino que significa “con boa letra”, “tradución literal”… e decateime: "É o que quero!”


Así que ó chegar á casa seguín buscando outras empresas ou referencias á palabra, e finalmente decidín que, a partires de agora, levarei o nome profesional de LITTERATE.


Que vos parece?

domingo, 17 de mayo de 2009

Días das Letras Galegas


Hoxe é o Día das Letras Galegas, no que tódolos galegos (galego falantes ou non) celebramos a nosa lingua e a nosa cultura. Como cada ano dende 1963, destacamos unha figura do eido lingüístico ou literario, homenaxeando a súa importancia na evolución ou na defensa do galego.

A elección da data 17 de maio ven dada pola publicación do primeiro exemplar da obra de Rosalía de Castro, Cantares Galegos, que marcaría o inicio do Rexurdimento da cultura e lingua galegas.

Este ano o destacado é Ramón Piñeiro López, intelectual e político que tivo grande importancia na creación e desenrolo do galeguismo durante o século XX.


lunes, 4 de mayo de 2009

Que fas cando perdes a alguén a quen nin siquera coñecías?



Acabo de perder a alguén a quen apreciaba moito e que esperaba coñecer algún día. Foron tres anos de colaboración e conversas no messenger sobre traballo, sobre isto e aquilo. Non era tradutora, pero era unha tradutora de medo.

Onte entereime por unha terceira persoa de que ela morreu a semana pasada. Non podo confirmalo. O meu único contacto coa súa vida era ela mesma. Teño o seu facebook, o seu messenger, o seu mail. Pero, obviamente, ela non está aí para respostar. Así que teño que crer o que me din, e ignorar a mil preguntas que me veñen á mente: estaba enferma? Nunca dixo nada. Era feliz? Iso semellaba, pola súa alegría nas nosas conversas. Pero tiña problemas, coma todos.
É unha situación estrana, podes coñecer a calquera persoa de calquera sitio, pero non é o que chamamos unha relación no sentido literal. Nin siquera coñecía a súa cara, nunca lle pedín unha foto. Para que? Coñecíaa pola súa conversa, polo seu traballo. Iso dicíame máis dela do que podería dicirme nunca unha foto. Non ceñacía a súa cara, pero creo que si a coñecía a ela, un pouco alomenos. Pero non teño un familiar a quen expresar as miñas condolencias, só o grupo de xente que colaboraba no proxecto, e que están tan abraiados coma min.

Ultimamente, dispois dunha conversa con ela pensaba que me gostaría coñecela persoalmente. Outro continente, un océano de por medio… pero pagaba a pena. Agora xa non será posible.

Parece estúpido, non a coñecía persoalmente, nunca falei con ela nin oín a súa voz… pero levo chorando desde que oín que falecera. Sei que a botarei moito de menos, compartimos tantas cousas.

só quería deixar aquí esta reflexión, para tódolos que establecedes relacións pola rede, para tódolos que sabedes que coñecer a alguén en persoa xa non é esencial para establecer unha amizade. Naturalmente, o seguinte paso sería coñecela en persoa pero… ás veces non temos a oportunidade.

D.E.P., Ori.