
Hoxe é o Día das Letras Galegas, no que tódolos galegos (galego falantes ou non) celebramos a nosa lingua e a nosa cultura. Como cada ano dende 1963, destacamos unha figura do eido lingüístico ou literario, homenaxeando a súa importancia na evolución ou na defensa do galego.
A elección da data 17 de maio ven dada pola publicación do primeiro exemplar da obra de Rosalía de Castro, Cantares Galegos, que marcaría o inicio do Rexurdimento da cultura e lingua galegas.
Este ano o destacado é Ramón Piñeiro López, intelectual e político que tivo grande importancia na creación e desenrolo do galeguismo durante o século XX.
No hay comentarios:
Publicar un comentario