lunes, 4 de mayo de 2009

Que fas cando perdes a alguén a quen nin siquera coñecías?



Acabo de perder a alguén a quen apreciaba moito e que esperaba coñecer algún día. Foron tres anos de colaboración e conversas no messenger sobre traballo, sobre isto e aquilo. Non era tradutora, pero era unha tradutora de medo.

Onte entereime por unha terceira persoa de que ela morreu a semana pasada. Non podo confirmalo. O meu único contacto coa súa vida era ela mesma. Teño o seu facebook, o seu messenger, o seu mail. Pero, obviamente, ela non está aí para respostar. Así que teño que crer o que me din, e ignorar a mil preguntas que me veñen á mente: estaba enferma? Nunca dixo nada. Era feliz? Iso semellaba, pola súa alegría nas nosas conversas. Pero tiña problemas, coma todos.
É unha situación estrana, podes coñecer a calquera persoa de calquera sitio, pero non é o que chamamos unha relación no sentido literal. Nin siquera coñecía a súa cara, nunca lle pedín unha foto. Para que? Coñecíaa pola súa conversa, polo seu traballo. Iso dicíame máis dela do que podería dicirme nunca unha foto. Non ceñacía a súa cara, pero creo que si a coñecía a ela, un pouco alomenos. Pero non teño un familiar a quen expresar as miñas condolencias, só o grupo de xente que colaboraba no proxecto, e que están tan abraiados coma min.

Ultimamente, dispois dunha conversa con ela pensaba que me gostaría coñecela persoalmente. Outro continente, un océano de por medio… pero pagaba a pena. Agora xa non será posible.

Parece estúpido, non a coñecía persoalmente, nunca falei con ela nin oín a súa voz… pero levo chorando desde que oín que falecera. Sei que a botarei moito de menos, compartimos tantas cousas.

só quería deixar aquí esta reflexión, para tódolos que establecedes relacións pola rede, para tódolos que sabedes que coñecer a alguén en persoa xa non é esencial para establecer unha amizade. Naturalmente, o seguinte paso sería coñecela en persoa pero… ás veces non temos a oportunidade.

D.E.P., Ori.

No hay comentarios:

Publicar un comentario